O executivo pretende traspasar xestión da EDAR á Xunta

    depuradorarianxo.jpgRIANXO> Un informe autonómico revela que a capacidade da instalación é insuficiente para atender o caudal de augas residuais

    {flowplayer}barbanza/depuradora_rianxo.flv{/flowplayer}

    O que xa recoñecera a Xunta no seu día, un informe elaborado co gallo do plan de saneamento das rías, volve confirmalo: a depuradora de Rianxo non conta coa capacidade suficiente como para atender o caudal de augas residuais que recibe. O principal problema é que a estación de saneamento se pensou para os refugallos urbanos e non para os industrias,ou non polo menos, para os dous en conxunto.Ademais, a determinados problemas no sistema de bombeo das cloacas e ao pico puntual na xeración de residuos, cómpre engadirlle as choivas que, co refugallo fecal, inundan as instalacións.

    Solicitude traspaso

    Con estas premisas, dende a corporación local solicitóuselle á Xunta o traspaso da competencia da infraestrutura porque só dende San Caetano, afirman, se conta co presuposto necesario como para acometer as obras de reforma.

    Próxima reunión

    Neste sentido o alcalde, Adolfo Muíños, está pendente dunha reunión co presidente de Augas de Galicia para analizar posibles solucións. Ademais, dende a alcaldía avanzarase na mellora das cloacas con medidas como, por exemplo o arranxo do tamiz da estación de tratamento e co control de determinados residuos industriais que contribúen aos picos de demanda. Xa hai contactos en firme coas conserveiras da localidade para que eviten, na medida do posible, os vertidos.

    Redacción Barbanza