O Telefónica volve a Sanxenxo para preparar a VOR

SANXENXO> O único barco español que vai participar na vindeira Volvo Ocean Race chegou esta tarde ó Porto Juan Carlos Ipara iniciar un período de tres semanas de adestramentos. Alí foron recibidos por varios membros da corporación municipal, entre eles a alcaldesa Catalina González.

{flowplayer}images/salnes/Volvo_300811.flv{/flowplayer} 

De Lanzarote a Sanxenxo previa escala en Vigo esta mañá. Logo de tres meses de adestramentos nas Canarias o Telefónica trasládase a Sanxenxo para seguir co seu proceso de preparación de cara ó inicio da Volvo Ocean Race, que partirá de Alacante o vindeiro 5 de novembro. O barco volverá a estar patroneado polo campión olímpico Iker Martínez. 

Xunto a él estarán numerosos regatistas de renome internacional, como Xabi Fernández, tamén ouro olímpico, o Director Técnico do Telefónica, Pedro Campos, ou Jordi Calafat, campión da Copa América co Alinghi. Entre tódolos tripulantes suman 23 voltas ó mundo e nesta ocasión parten co obxectivo non só de rematar a proba, senón de acadar a victoria. 

O Telefónica quedarase en Sanxenxo ata o vindeiro 17 de setembro, aproveitando as condicións de vento que ofrecen as Rías Baixas.

Redacción Salnés