Cando a imaxe vale máis que as palabras

    charlatabaco copia.jpg PONTECESURES> Os monitores dun obradoiro sobre a prevención do tabaquismo amosan ós mozos os danos que fumar causa nos pulmóns.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_TABACO.flv{/flowplayer}

    Os danos do tabaco no pulmón e a facilidade para engancharse foron temas tratados na charla. Pero tamén cómo a publicidade ou a televisión fomentan o tabaquismo de forma encuberta. Ademais, co experimento chamado o “fumador artificial” ,os rapaces puideron ver cómo quedan os pulmóns e o ambiente despois do consumo de tabaco.

    Durante a charla, os cativos tamén puideron comprobar cal é o monóxido de carbono dos seus pulmóns. A recomendación principal para os pais é non fumar diante dos rapaces e ademais non facelo nunca dentro das casas. O fume queda impregnado no ambiente, polo que o cigarro é mellor deixalo para espazos exteriores ou terrazas. Así, os nenos poderán vivir nun espazo máis saudable e libre de fumes.

    Redacción Salnés