PONTEVEDRA> O sindicato tamén insiste no insuficiente do aumento do 15% dos copos de produción. Unha cifra que xa superaron moitos dos viticultores.
{flowplayer}images/salnes/UUAA_VENDIMA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}
Este exceso de produción está a provocar unha importante rebaixa no prezo do quilo de uva. Unha caída na que Unións Agrarias denuncia manobras especulativas.
A situación, sumada ós copos á produción, está a prexudicar gravemente os viticultores, que ven como a viticultura convértese cada vez nunha actividade menos rendible.
Dende Unións Agrarias fixeron hoxe un chamamento ás adegas para respetar os prezos, mantendo a vista posta nos novos contratos homologados que permitan regular a compra-venda de uva das vindeiras campañas. Unha negociación na que procurarán mellorar as condicións dos actuais.
Con este obxectivo, o sindicato insiste na importancia da convocatoria da Mesa do Viño, algo que agardan se produza ó finalizar a actual campaña de vendima.
Redacción Salnés