Ferido grave ó caer dunha embarcación nos estaleiros do Freixo

accidente100.jpgOUTES> Un obreiro dos estaleiros do Freixo foi vítima dun accidente laboral ó caer varios metros dende a embarcación na que estaba a traballar.

{flowplayer}barbanza/accidentelaboraloutes.flv{/flowplayer}

Segundo os compañeiros que se atopaban coa vítima no momento do accidente, as lesións que presentaba non semellaban revestir demasiada gravidade. Aínda así, solicitouse un helicóptero para o traslado do ferido posto que no momento do accidente non estaba dispoñible unha ambulancia medicalizada.

Por esta razón, o servizo de emerxencias mobilizou ó helicóptero que o trasladou ata o hospital Clínico de Santiago. Alí permanece ingresado arestora e permanece estable dentro da gravidade.

Ata o lugar desprazouse tamén unha dotación de Protección Civil e da Policía Local. Malia susto inicial que provocou o sinistro, o resto dos traballadores continuaron a traballar con normalidade durante o resto da xornada.

Redacción Barbanza