Juárez defende Pazo Baión como un proxecto integrado

    juarez_pazobaion copia100.jpgVILANOVA> Segundo o Conselleiro, Pazo Baión non é só unha adega, senon que tamén salientou a súa importancia no eido do enoturismo e o simbolismo da finca.

    {flowplayer}images/salnes/JUAREZ_VENDIMA_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    Entre os anos 2009 e 2010, Condes de Albarei beneficiouse de axudas da Consellería do Medio Rural para desenvolver o proxecto de Pazo Baión. A Xunta destinou máis de 1 millón 100 mil euros para a transformación da propiedade, cuns resultados máis que satisfactorios.

    Dos viñedos de Pazo Baión, Condes de Albarei elabora na adega da finca un albariño co mesmo nome. Polas súas características, este viño podería considerarse de pago, sen embargo en Galicia non existe unha lexislación para este tipo de produtos.

    A deste ano será a terceira anada que nace de Pazo Baión. Un viño mimado pola cooperativa propietaria.

    Da colleita de 2010, actualmente no mercado, a adega agarda comercializar entre 60 e 70 mil botellas.

    Redacción Salnés