O Grupo Junquera sorprende ó campión e vence pola mínima

VILAGARCÍA> Non pudieron comezar mellor as cousas para o Grupo Junquera. Medíase no seu debut na 2ªB ó actual campión de liga, o Cidade de Narón. Pois ben, os vilagarciáns deron a sorpresa e venceron pola mínima nun alarde de xogo colectivo.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_120911.flv{/flowplayer} 

Victoria traballada e moi sufrida do Grupo Junquera no seu primeiro partido ligueiro ante o poderoso Cidade de Narón (1-0). Mellor non puideron comezar os vilagarciáns no seu debut na 2ªB, fixérono dando o sopresón da xornada e impoñéndose ó actual campión de liga.

O único tanto do encontro chegaría no minuto 3 de partido nunha acción culminada polo ariete do Junquera Víctor Méndez. A partir de ahí, foi un auténtico monólogo do Narón, que xogou practicamente todo o partido en campo dos locais. O acoso foi constante pero a defensa plantexada polo técnico local foi interpretada polos seus xogadores ás mil maravillas, que nun alarde de esforzo colectivo foron quen de frear tódalas acometidas do rival, incluso xogando con tres na pista, situación que se producíu trala expulsión de Juancar ó pouco de comezar o segundo tempo.

Un home destacou por enriba do resto, o meta Perico, que asinou unha actuación para o recordo cun repertorio de paradas imposibles que desesperaron ós xogadores do Narón. A última incluso con polémica, a 30 segundos para o final, nun remate que pisou a raia de gol pero que non chegou a entrar.

Tres puntos que serven para comezar con bo pé ó Junquera e sobre todo con moita moral para afrontar o vindeiro choque a semana que ven ante o Santa María de Salamanca, que perdeu esta xornada na pista do Parrulo por 4-1.

Redacción Salnés