Deportes Rodas presenta o cambio de 11v. de Campagnolo

VILAGARCÍA> A tenda Deportes Rodas, en Vilagarcía, adicada á venta de artículos relacionados co ciclismo ven de ofrecer ós seus clientes unha oportunidade única. 25 afortunados pudieron probar esta fin de semana os novos cambios de 11 velocidades ofertados pola marca italiana Campagnolo.

{flowplayer}images/salnes/ciclismo_130911.flv{/flowplayer} 

Tecnoloxía de última xeración. O último en cambios manuais para bicicletas de estrada chegou a Vilagarcía, grazas ó Test Tour que a marca Campagnolo está realizando por toda España. Deportes Rodas foi parada desta xira na que se presentaron estas bicicletas de gama alta, que contan cun cambio de 11 piñóns e roldan os 8.000 euros no mercado.

25 afortunados pudieron desfrutar das bicicletas. Deportes Rodas organizou dúas saídas o sábado pola tarde e o domingo pola mañá na que os ciclistas fixeron unha ruta de Vilagarcía ó Grove probando estes materiais.

Redacción Salnés