Guerra confía en que a finais desta semana se desvele o futuro de Clesa

    guerra_clesaalfageme copia100.jpgPONTEVEDRA> Javier Guerra insistiu en que o proceso depende agora dunha decisión xudicial, aínda que reiterou o compromiso da Xunta coas dúas ofertas.

    {flowplayer}images/salnes/GUERRA_POR_ALFAGEME_E_CLESA.flv{/flowplayer}

    Segundo o conselleiro de Economía, o que resta desta semana podería ser crucial para ter unha resolución definitiva que aclarase o futuro de Clesa. Tralas reunións mantidas, a decisión depende agora do xulgado e dos administradores concursais encargados do caso.

    A pesares de que insistiu en que os detalles están aínda sen pechar, Guerra quixo reiterar o apoio da Xunta ás ofertas que están sobre a mesa.

    Esta mesma liña marcou a resposta do Conselleiro de Economía sobre a situación de Alfageme. Ante o anunciou de El Consorcio dun ultimátum ata o 30 de outubro para resolver a compra das plantas de Vilaxoan e Ribadumia, Guerra insistiu no apoio público do seu departamento ó proxecto da empresa cántabra.

    Redacción Salnés