O Corte Inglés Master reunirá a 200 embarcacións

SANXENXO> O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación do Corte Inglés Master. O evento, que se celebra esta fin de semana, chega á súa terceira edición e nel decidirase o campión do Trofeo Presidente da Xunta. Participarán máis de 200 embarcacións.

{flowplayer}images/salnes/vela_150911.flv{/flowplayer} 

Sanxenxo volve a ser escenario dunha das probas máis importantes do calendario galego de regatas como o Corte Inglés Master. Dende mañá ata o doimingo máis de 200 embaracacións tomarán parte nesta competición na que hai moitas cousas en xogo. 

Por unha banda competirán os Cruceiros ORC nos que estarán os mellores barcos da clase, entre eles o Castrosúa, de Willy Alonso, o Pairo, de Marga Cameselle, o ETEA, o Solventis, ou o Movistar do propio Pedro Campos, que será un dos rivais a batir.

Ademais celebrarase o Campionato Galego de Platú 25, que comezarán a navegar o sábado pola mañá. Entre a nómina de favoritos ó título, o Wifivilanova, de Bernardo Paz.

A clase máis numerosa será a Optimist na que será darán cita máis de un cento de embarcacións tripuladas por xóvenes regatistas de Galicia e Portugal. O parte meteorolóxico para estes días fala de sol e vento do norte, condicións perfectas para o desenvolvemento da competición.

Redacción Salnés