Acusan a tres adegas de Rías Baixas de non mercar a uva contratada

    UUAACOMISIONSEGUEMENTO copia.jpg PONTEVEDRA> A comisión de seguimento notificará ás empresas a súa obriga a cumprir os contratos, mentres UUAA anuncia novas protestas para o luns.

    {flowplayer}images/salnes/COMISION_RIAS_BAIXAS_UUAA.flv{/flowplayer}

    Polo momento a comisión de seguemento limitarase a remitir unha notificación ás adegas que supostamente están infrinxindo os contratos para informarlles da obriga que teñen de recoller a uva pactada cos viticultores, ata o máximo que permite o regulamento por hectárea. Realizarase un acto de conciliación e se insisten en non recoller os acios, Unións Agrarias asegura que recorrerán se fai falla á vía xudicial para que sexan sancionadas. Porque con esta práctica, din desde o sindicato, o que pretenden é forzar a baixada dos prezos da uva.

    UUAA denuncia de novo a existencia de prácticas especulativas das que culpa á industria pero tamén indirectamente ó Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e á propia Xunta de Galicia, por non tomar cartas no asunto para solucionar un problema que afecta a un sector estratéxico da economía galega.

    Por iso o luns retomarán as protestas. Baixo o lema ‘Polo dereito a producir. Especulación non’ percorrerán as rúas de Pontevedra desde a praza da Pedreira, onde se atopa a sé do Consello Regulador, ata o edificio da Delegación Territorial da Xunta, en Campolongo.

    Redacción Salnés