Maior protección para Baroña coa súa declaración coma BIC

visitaconselleirobarona.jpgPORTO DO SON> O conselleiro de Cultura asegurou que esta acción pon de manifesto o esforzo da Xunta por poñer en valor este tipo de xacementos.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleirobarona.flv{/flowplayer}

Durante a súa visita, o conselleiro de Cultura asegurou que para el supón unha inmensa satisfacción que o Castro de Baroña fora declarado BIC, xa que esta declaración garante a maior protección que prevé a nosa lexislación para un ben cultural, facéndolle así xustiza a este xacemento pola súa relevancia histórica, cultural, social e turística. Dase ademais a circunstancia que esta declaración aprobada hoxe é aínda máis exhaustiva que a prevista inicialmente.

Durante a súa visita ós castros, o titular de Cultura, estivo acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, quen destacou tamén a importancia que supón esta decisión tomada hoxe polo Consello da Xunta.

Inicio obras

Segundo sinalou o propio Roberto Varela a intención da Xunta pasa fundamentalmente porque as intervencións no xacemento comecen de inmediato. hai reservados uns 120 mil euros para a realización de diversas obras de consolidación e limpeza dos castros que se levarán a cabo naquelas zonas que se atopan máis agredidas, mentres se está a espera da redacción do Plan Director.

Redacción Barbanza