O GAC 6 ven de organizar as Xornadas Medioambientais da Ría

    POIO> O Grupo de Acción Costeira 6, correspondente á Ría de Pontevedra organizou esta tarde, no Mosteiro de Poio, unha nova edición das Xornadas…

    {flowplayer}images/salnes/xornadas_medioambientais.flv{/flowplayer}

    … Medioambientais da Ría de Pontevedra; un problema sensible de máis neste entorno que ten unha ampla zona catalogada como C, e outras moitas como B. Para iso, o GAC convocou a varios expertos na materia, principalmente da depuración das rías para que a xente do mar soubese da actuación actual da Ría e dos feito nos últimos anos para atallar esta situación.

    O primeiro dos relatores, Francisco Menendez, detallou a evolución do plan de saneamento da ría e o estado actual do mesmo, así como o seu planeamento futuro. Unha acción de depuración ó que hoxe por hoxe aínda lle quedan por solventar 26 dos 50 puntos de vertidos contaminantes iniciais; malia o amplo investimento empregado.

    Asemade, os asistentes obtiveron completa información sobre as actuacións feitas ate o de agora e as necesarias para os vindeiros anos, para que esta Ría volva acade un rendemento óptimo.

    Redacción Salnés