Sanxenxo e Vilalonga xóganse algo máis que tres puntos

SANXENXO> Sanxenxo e o Vilalonga mídense o domingo en Baltar de Arriba. Trece anos despois reencóntranse estes dous equipos nesta categoría, ambos coa necesidade de vencer.

{flowplayer}images/salnes/terceira_230911.flv{/flowplayer} 

Dende a xornada 24 da liga do 98-99 non se enfrontaban en Terceira Sanxenxo e Vilalonga, aquel día venceron os visitantes por 1-2. O domingo volverán a atoparse estes dous clásicos do futbol galego nun derbi no que ambos precisan gañar. Os locais, porque aínda non saben o que é vencer no que vai de liga, e os celestes porque buscan distanciarse da parte baixa da táboa.

Calucho coloca como favorito ó Vilalonga pola súa experiencia na categoría e pola calidade dos seus xogadores. Pero Gabi Leis non quere confianzas nos seus ante un equipo moi ben traballado. Ambos adestradores saben que o equipo que marque primeiro, terá moito gañado. 

No apartado de baixas, no Sanxenxo Suso Bea e Saez, que non estiveron en Cangas, poderían recuperarse para o domingo, mentres que Victor tamén é dúbida. Nos visitantes, Anxo e Nando non estarán seguro mentres que Diego Blanco e Malleiro serán dúbida. O que volve á convocatoria é Tachi, que xa se adestrou durante esta semana con normalidade.

Redacción Salnés