Canal Rías Baixas

Boas sensacións do Cortegada na súa estrea ante o Celta

VILAGARCÍA> Debutou en partido de Copa Galicia o Thetrend Social Cortegada. Fíxoo en Fontecarmoa e ante o Celta. As de Pepe Vázquez caeron por seis puntos de diferencia (56-62) pero deixaron unha grata impresión ante un rival que milita nunha categoría superior.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_270911.flv{/flowplayer} 

A piques estivo de dar a sopresa o Cortegada nun partido no que se preveía que o Celta fose moi superior. Esa diferencia de categoría e presuposto só se reflectíu no marcador en seis puntos. E é que as de Pepe Vázquez, pese á súa xuventude e despois de tan só dez días de traballo co plantel ó completo amosaron xa un bo nivel de acoplamento.

Coas mesmas armas que caracterizaron ó equipo de Tito Díaz, defensa e contraataque, as vilagarciáns mantivéronse no partido durante os 40 minutos, pese ó bo arranque visitante. O Celta tan só puido irse dous arriba ó descanso e gañou o partido grazas ó acerto das súas xogadoras exteriores en xogadas puntuais.

Entre as locais destacaron as debutantes Williams e Claudia Aponte, con 16 e 10 puntos e Ylenia, que fixo 12.

Pepe Vázquez está contento co traballo feito ata o e agora aínda que cree que queda moito por facer. 

O Thetrend Cortegada afronta mañá o seu segundo compromiso de Copa Galicia en Ferrol, mentres que o sábado voltará a Fontecarmoa para enfrontarse ó Arxil. O día 15 disputará outro amistoso previo ó inicio de liga que será o día 22 na cancha do Aguere tinerfeño.

Redacción Salnés

Exit mobile version