Fole cualifica de irresponsable o veto da oposición ó crédito ICO

    VILAGARCIA> O Pleno de Vilagarcía de onte foi o xerme dunha nova, e supoñemos que dilatada polémica. A oposición en bloque non…

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … quixo aprobar a petición dun crédito ICO para facer fronte ás débedas contraídas antes deste ano cunha inxente cantidade de empresas proveedoras argumentando que se debería priorizar o cobro das pymes porque soportan peor a embestida da crise que as medianas ou grandes empresas. Un primeiro varapau que foi moi mal recibido polo executivo local.

    O Alcalde, Tomás Fole, carga as tintas contra o PSOE e o BNG posto que estas son débedas contraídas durante o seu goberno bipartito, sobre as que eles xa manifestaran o seu apoio para que se saldasen. Agora, baixo a endiañada batuta de Esquerda Unida, segundo o alcalde, están a exercer unha oposición prepotente, desnortada, irresponsable e destructiva. Engade que a irresponsabilidade da oposición chega ata o límite de descoñecer este informe que critican, que inclúe un listado de 28 páxina ca relación das débedas a proveedores, malia que contaban ca documentación precisa desde fai 10 días.

    Arestora, o equipo de goberno disponse a elaborar un novo informe xunto co servicio de intervención para intentar procurar o beneplácito de parte da oposición; un documento no que se recolle ademáis a responsabilidade de cada quen. Con esta dilación no tempo, estas facturas poderían chegar fóra de prazo ou mesmo provocar accións legais en contra ou mesmo o cese na prestación de servicios.

    Así e todo, o goberno vilagarcián manda unha mensaxe de tranquilidade ó empresariado.

    Redacción Salnés