Inícianse os trámites para a aprobación do PXOM

    pxomrianxo.jpgRIANXO> O executivo levará ó pleno do xoves a proposta de remisión á Xunta do documento de inicio do trámite ambiental do futuro planeamento.

    {flowplayer}barbanza/pxomrianxo.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Adolfo Muíños e o tenente de alcalde, Carlos Gey, daban a coñecer en rolda de prensa o documento que, tras a súa aprobación plenaria, lle será remitido á consellería de Medio Ambiente e que servirá de orientación para a elaboración e avaliación ambiental do futuro plan urbanístico. Trátase, segundo eles, dun documento técnico moi xeral que contén un estuod do medio e do modelo de asentamento poboacional, así como tamén a descrición dos actuais núcleos.

    Antes do 2015

    Dase así o inicio a un proceso longo, como é o da elaboración do PXOM, que o executivo rianxeiro confía que estea rematado antes do ano 2015, ó consideralo un documento fundamental para o desenvolvemento futuro do municipio, co que se aspira a situar a Rianxo coma subcabeceira da comarca do Barbanza.

    Redacción Barbanza