A ponte sobre a N550 no macronó do Pino abrirá o luns ó tráfico

    PONTEVEDRA> O Subdelegado do Goberno, Delfín Álvarez Fernández, presidiu esta mañá unha reunión con representantes de Tráfico,….

    {flowplayer}images/salnes/reunion_trafico_no_pino.flv{/flowplayer}

    … da Demarcación de Estradas do Estado, do Concello de Pontevedra e da empresa que leva a cabo as obras no nó do Pino. Neste encontro constatouse como as obras de execución do novo macronó do Pino avanzan a bo ritmo segundo o planing previsto .E en base a esta planificación da obra, este mesmo luns abrirán ó tráfico de xeito provisional a ponte que pasa sobre a N-550 nos dous sentidos.

    Esta nova infraestructura virá a simplicar o acceso e saída do núcleo urbán de Pontevedra e de outros lugares limítrofes como O Marco, sen ter que liarse cas rotondas. Así e todo, as modificacións estarán correctamente sinaladas con cartelería de obras e mesmo estarán antecedidas por bandas transversais para que se respecten os límites de velocidade.

    No caso de que, malia a abundante sinalización, algún conductor se trabuque, haberá disposta cadansúa rotonda en ámbolos dous sentidos para que lle sexa doado e áxil rectificar.

    Esta solución, aínda sen ser a definitiva, aproximase moito á planificación final do que vai a ser este macronó unha vez que remate a súa execución.

    Redacción Salnés