Duarte Correa e P. Xiraldez candidatos ó Congreso

    O SALNÉS> A asemblea do BNG do Salnés e a executiva nacional deste partido veñen de decidir que sexan Duarte Correa e Pilar Xiraldez…

    {flowplayer}images/salnes/bng_salnes_listas_congreso.flv{/flowplayer}

    … os dous candidato que se presenten por esta comarca nos próximos comicios nacionais, na lista que liderada pola provincia de Pontevedra Olaia Fernández Davila.Unhas eleccións nas que aseguran que os intereses de Galicia só estarán representados baixo as siglas nacionalistas.

    Para o Bloque o traballo feito nos últimos anos é o seu principal aval para contar co apoio da cidadanía o vindeiro 20 de novembro. De cara a estas eleccións, xa adiantan que o seu programa seguirá as premisas básicas de elaborar unha reforma social e de reforzo das políticas de creación de emprego.

    Así, o BNG adianta as súas propostas de actuación para a vindeira lexislatura, que pasar por unha profunda reforma fiscal que redistribúa mellor a riqueza, que regule o mercado para evitar a especulación e que elimine os paraísos fiscais e aquelas institucións, como as Deputacións ou os Ministerios que xa teñen as conferencias transferidas ás distintas comunidades autónomas. Apostan tamén por reducir o gasto militar e garantir o orzamento para os servicios sociais.

    Redacción Salnés