Arranca a Feira de Oportunidades Grove Stock 2011

    grovestockcopy.jpgGROVE> Trátase dunha iniciativa posta en marcha por Emgrobes, a asociación de empresarios de bens e servizos. Permanecerá aberta ata o domingo.

    {flowplayer}images/salnes/GroveStock2011.flv{/flowplayer}

    Esta mañá inaugurouse a Feira de Oportunidades Grove Stock 2011. Tratase dunha iniciativa posta en marcha por Emgrobes, a asociación de empresarios de bens e servizos e permanecerá aberta ata o domingo. Nela pódese atopar roupa, calzado, complementos e mesmo artesanía.

    Co obxectivo de desfacerse do stock das tempadas pasadas, vinte comercios do concello meca sacarán á rúa os seus produtos ó longo de toda a fin de semana. Tres días nos que agardan que entre o bo tempo e a Festa do Marisco as rúas se enchan de visitantes e clientes.

    Tamén hai oco nesta Feira para a artesanía. Panos, colares e marroquinería elaborada do xeito máis tradicional. Ó longo do día fóronse achegando xa ata aquí, ata este paseo de Orillamar os primeiros curiosos e todo apunta a que a Feira será un éxito.

    Para todo o que decida animarse Grove Stock permanecerá aberta ata o domingo ás 9 da noite.

    Redacción Salnés