EMAX chegará á capital do Salnés os días 28, 29 e 30 de outubro

    EMAXcopy.jpgVILAGARCÍA> Este encontro do asociacionismo xuvenil está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración co Instituto Portugués da Juventude.

    {flowplayer}images/salnes/ENCONTROS_XUVENIS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Vilagarcía foi o escenario escollido para a celebración do quinto encontro mostra do asociacionismo xuvenil Galicia-norte de Portugal. Ó redor de mil mozos de entre 18 e 30 anos daranse cita na capital do Salnés nun encontro que permitirá ós participantes compartilas súas experiencias.

    EMAX 2011 desenvolverase os días 28, 29 e 30 de outubro en diferentes puntos de Vilagarcía. O obxectivo deste proxecto de cooperación transfronteriza Galicia- norte de Portugal, segundo explicou o director xeral de xuventude, é ofrecer ós mozos ferramentas para mellorala súa competitividade e permitiralles, ó tempo, divulgalas súas iniciativas.

    Ó longo dos tres días que durará a mostra, os máis de 1000 mozos que participarán este ano, formarán parte dun amplo programa de actividades. Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, agradeceu que foran seleccionados para desenvolvelo encontro xa que outorga, dixo, certa relevancia á cidade.

    Os interesados en inscribirse o poden facer de maneira gratuíta na páxina web www.xuventude.net.

    Redacción Salnés