Malestar no IES Leliadoura pola supresión da praza dun profesor

    recurteprofesorleliadoura.jpgRIBEIRA> O recurte de Educación corresponde cunha das dúas prazas da especialidade de pedagoxía terapéutica que ata este ano existían no centro.

    {flowplayer}barbanza/recurteprofesorleliadoura.flv{/flowplayer}

    Na actualidade o centro ribeirés dispón dunha aula específica para alumnado con necesidades educativas especiais e adaptación curricular individualizada na que cursan estudos un total de catro rapaces, un máis que no curso pasado, que precisan de apoio de profesorado das especialidades de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe. A pesar desa necesidade, a consellería de Educación decidiu recurtar este ano a unha, as dúas prazas de profesora de pedagoxía terapéutica coas que viña contando o centro en cursos anteriores.

    Medida inxusta

    Dende a dirección do instituto ribeirés sinalan que este recurte provocará que non se dispoña do suficiente profesorado especializado para cubrir as necesidades do alumnado que máis dificultades ten precisamente na aprendizaxe.

    Posibles accións de protesta

    A dirección non descarta futuras medidas de presión contra esta decisión tomada por Educación, algo que será analizado na próxima xuntanza do consello escolar.

    Redacción Barbanza