Rosa Quintana visita as instalacións de Cefrico

    fotocefricocopia.jpgVILAGARCÍA> Coa súa presenza nesta planta dedicada á elaboración de produtos conxelados, a titular Mar reitera o seu apoio á industria transformadora.

    {flowplayer}images/salnes/ConselleiraMarCefrico.flv{/flowplayer}

    A fábrica de Cefrico xera ó redor de 210 postos de traballo na comarca do Salnés. A planta ocupa unha superficie de 27.000 metros cadrados e ten unha capacidade frigorífica de 15.000 toneladas. Aquí elabóranse produtos como sepia, polbo ou calamares. Rosa Quintana fixo unha visita polas instalacións e destacou a capacidade de innovación desta empresa e o feito de ser unha firma provedora de Mercadona, ó que demostra a calidade dos seus produtos.

    Outro dos elementos a destacar desta empresa é a súa aposta polas enerxías renovables e menos contaminantes, un dos principais obxectivos do seu plan inversor. Sen esquecer, nesta liña, a importancia das novas tecnoloxías. Dende o ano 2007 leva investidos neste senso uns dez millóns de euros. Quintana quixo referirse tamén ó Porto de Vilagarcía, onde se atopa ubicada a planta.

    O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, a tenente alcalde Marta Rodríguez e a propia presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco acompañaron tamén a conselleira nesta visita.

    Redacción Salnés