GROVE> O bo tempo, os produtos da rías e coincidindo co día do Pilar fixeron que hoxe fora un dos días máis multitudinarios desta festa.
{flowplayer}images/salnes/FESTIVO_MARISCO.flv{/flowplayer}
Neste día festivo, centos de persoas decidiron achegarse ata o Grove para asistir á Festa do Marisco que hoxe bota o peche despois de case dúas semanas de festa. O bo tempo, os produtos das nosas rías e coincidindo co día do Pilar fixeron que hoxe fora un dos días máis multitudinarios desta 48 edición.
Así despedíase esta mañá o Grove da súa 48 edición da Festa do Marisco. O bo tempo, coincidindo en día festivo e os produtos que aquí se puideron atopar foron a combinación perfecta para que centos de persoas decidisen achegarse hoxe ata a vila meca.
Ameixas á mariñeira, navallas, cigalas, percebes ou zamburiñas foron algúns dos produtos que se puideron atopar este ano na festa. Entre os asistentes, procedentes de diferentes puntos de toda España aseguraron que a calidade prezo estaba garantida.
Como peche a esta edición, o concello celebrou este mediodía na Carpa institucional a entrega dos premios da primeira bienal do simposio de escultura.
Altas temperaturas
A estas alturas de outubro, as altas temperaturas, que hoxe rondaron os trinta graos de máxima no Salnés, fixeron que centos de persoas optasen por acudir á praia neste día da Hispanidade. Estas imaxes foron captadas esta mañá na praia da Lanzada, no Grove. Aínda que ó coincidir o festivo en metade da semana e moitos non puideron facer ponte, segundo as previsións de Meteogalicia o bo tempo acompañaranos durante toda a semana.
Redacción Salnés