Un motorista ferido grave tras empotrarse contra un muro

    accidentepobracopy.jpgPOBRA> O accidente, no que só se viu implicado un ciclomotor, produciuse ó redor das doce do mediodía, no lugar da Crocha, na Pobra do Caramiñal.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_pobra.flv{/flowplayer}

    Segundo fontes da Policía Local no sinistro víronse implicados os dous ocupantes da motocicleta, que golpearon, por causas polo de agora descoñecidas, contra un muro. O condutor foi o máis prexudicado, sendo trasladado en helicóptero ó clínico de Santiago en estado grave.

    Nas imaxes mostrámoslles o momento no que os equipos de emerxencias trasladaban ó helicóptero ó mozo pobrés B.S.G. de dezaoito anos que este mediodía resultaba ferido de gravidade, despois de empotrarse frontalmente co seu ciclomotor contra un muro, no cruce de Petón do Sixto e Crocha. O outro ocupante do ciclomotor, outro mozo da localidade, de dezasete anos, resultaba ileso.

    Segundo fontes da propia policía local pobresa polo de agora descoñecense as posibles causas do accidente. O feito ademais de que non levaran casco de protección agravou aínda máis as lesións que se produciron na súa maioría na cabeza. Ante a gravidade do sucesos foi necesaria a presenza do médico do centro de saúde, e dunha uvi medicalizada do 061, que atenderon á vítima en primeira instancia.

    Posteriormente, unha vez avisado o helicóptero, trasladouse ó ferido ata a zona portuaria, de onde foi evacuado ó Hospital Clínico de Santiago, onde permanece arestora en observacións con pronóstico reservado.

    Ademais destes equipos de emerxencia, ata o lugar do suceso desprazáronse tamén efectivos da Policía Local e de Protección Civil da Pobra, así como tamén o GRUMIR de Boiro.

    Redacción Barbanza