O Vilalonga perdona ante un Pontevedra que acabou goleando

SANXENXO> Onte celebrouse a oitava xornada ligueira na Terceira División. O Sanxenxo foi o único que acadou algo positivo co seu empate en Vigo ante o Rápido de Bouzas (3-3). Mentres, no agardado encontro de San Pedro, o Pontevedra levouse o triunfo ante o Vilalonga tras gañar por 0-3.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_131011.flv{/flowplayer} 

Máis de 1.300 persoas déronse cita onte no campo de San Pedro para presenciar un histórico Vilalonga-Pontevedra. As bancadas presentaban un aspecto que nin os máis vellos do lugar lembraban. O graderío principal con tótolos asentos ocupados e incluso a zona das escaleiras. Tamén detrás das porterías agolpábase a xente para poder presenciar o encontro. Entre os asistentes, máis de 400 afeccionados chegados dende a Cidade Do Lérez. Precisamente o seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, foi encargado en realizar o saque de honra, xa que foi porteiro do conxunto celeste na década dos 70.

No encontro o Pontevedra levouse o triunfo por 0-3 pese a que o Vilalonga foi o que puxo o xogo e as ocasións. Os locais saíron en tromba pero volveron a pecar do mesmo que en partidos anteriores, perdonaron demasiado e non viron portería. A única vez que o fixeron, o remate de Miguel Vázquez foi anulado por posición antirreglamentaria. A mellor ocasión dos locais sería de Nelo, pero o seu disparo repelíuno o longueiro.

O acoso dos locais cesou á media hora e ahí o Pontevedra atopou un oco para facer o primeiro por mediación de Iago.

Xa no segundo tempo, baixou a intensidade, o ritmo decaeu e os minutos foron pasando a favor dun Pontevedra que sentenciou o choque no treito final con dous tantos de Manu Barreiro.

Ollo porque con este resultado, a terceira derrota consecutiva para os de Gabi Leis, caen de novo a postos de descenso. O domingo tentarán reencontrarse coa victoria en Lalín.

Redacción Salnés