Arden máis de 70 hectáreas de monte entre Pontevedra e Poio

    INCENDIOPOIOcopy.jpgPOIO> Segundo o alcalde deste municipio, Luciano Sobral, todo apunta a que os 3 conatos que se rexistraron foron intencionados.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_POIO_FINDE.flv{/flowplayer}

    Esta fin de semana, o concello de Poio foi azoutado polo lume. Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, arderon máis de setenta hectáreas de monte se sumamos os dous focos que se rexistraron en Pontevedra.

    Esta mañá falamos co alcalde de Poio, Luciano Sobral. O rexedor local confesounos que sospeitan que os tres conatos foron intencionados. Esta mañá aínda se podían percibir pequenos focos de lume. 

    O lume iniciouse en Campañó, no concello de Pontevedra, pasada a unha e media da madrugada pero de seguido estendeuse o que provocou que se rexistraran dous conatos máis, outro no mesmo municipio e un terceiro en Poio. Aínda que o lume estivo en varias ocasións moi preto das vivendas, por sorte non houbo que lamentar danos persoais.

    Nas labores de extinción participaron oito brigadas, dous técnicos, tres axentes forestais, 4 motobombas, seis avións, dous helicópteros e a Unidade de Emerxencia militar.

    Os conatos foron extinguidos por completo ás sete e media da tarde do sábado.

    Redacción Salnés