Un arousán entre os detidos na ‘Operación Muñeco’

    aduanas copia.jpg SALNÉS> O dispositivo desenvolveuse o 7 de outubro a raíz das investigacións trala intervención de envíos de droga a través de muleiros.

    Un arousán figura entre os catro últimos detidos no marco da operación Remolinos ou Muñeco contra o branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. O dispositivo desenvolveuse o venres 7 de outubro a raíz das investigacións iniciadas trala intervención de varios envíos de droga a través de muleiros, é dicir, xente que transporta droga no interior do seu corpo. Estas pescudas deton coa detención de 11 persoas vencelladas cun clan de narcotraficantes da Arousa do que a Axencia Tributaria non desvelou a identidade. A operación está dirixida polo Xulgado número un de Vigo e aínda se atopa aberta, polo que non se descartan novos arrestos. Polo de agora, dos catro últimos detidos, 3 xa están en liberdade provisional e outro continúa en prisión. O nesta organización dos narcos arousáns non sería propiamente a do tráfico de drogas, senón a do empréstito de cartos á infraestrutura doutros e ó propio branqueo de capitais en paraísos fiscais.

    Redacción Salnés