Meijón: ‘O PP quere aproveitar para cambiar o modelo educativo’

    fotoiesillacopia.jpgILLA> O parlamentario socialista visitou esta tarde o Instituto de Educación Secundaria para comprobar a situación que está a vivir o centro.

    {flowplayer}images/salnes/GuillermoMeijonIesAIlla.flv{/flowplayer}

    A comunidade educativa continúa reclamando o desdobre do curso de segundo da ESO e un profesor a media xornada. Á súa saída do centro, Meijón dixo que o grupo socialista ten presentadas xa diversas iniciativas no parlamento apoiando estas reivindicacións.

    Co director do centro como guía, o parlamentario Guillermo Meijón visitou as instalacións do centro, como tamén o fixera a semana pasada a nacionalista Carme Adán.

    A primeira parada foi a que fora a casa do conserxe, agora reconvertida nunha aula que acollerá ós rapaces de informática infantil. Paseo despois polo que algún día foi a cafetería e o seu almacén, hoxe cheas de rapaces recibindo as súas materias correspondentes. Grupos de ata 27 alumnos en clases con espazo para a metade. E profesores cun pé posto na aula e o outro facendo unha quenda de garda.

     Tamén quixo destacar Meijón o traballo da dirección e o profesorado do centro para facerlle fronte ás condicións nas que se atopan. Chegando a renunciar ós antigos departamentos dos profesores para convertelos tamén en aulas.

    E que non queda neste instituto espazo que aproveitar, exemplo máis que claro é a clase de debuxo, construída na parte alta do pavillón. Aquí, segundo din, poden chegar a acadarse os corenta graos.

    O socialista tamén quixo recordar que os medios cos que conta un centro son os que determinan ó final a calidade educativa.

    Despois da visita de nacionalistas e socialistas o vindeiro luns serán os populares os que visiten as instalacións, respondendo a invitación da ANPA, que confía en que sirva para que tomen conciencia da necesidade dese desdobramento e o medio profesor.

    Redacción Salnés