PSOE “O PP ataca o noso ADN ó recortar os servicios sociais”

    CALDAS>Os socialistas da Comarca do Ulla e Umia veñen de facer unha fronte común para protestar contra os orzamentos propostos pola…

    {flowplayer}images/salnes/rp_caldas_orzamentos_xunta.flv{/flowplayer}

    … Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2012. Entre tódolos representantes desta zona deseñarán unha serie de emendas que veña a paliar o esquecemento desta comarca neste documento orzamentario. Os socialistas alertan de que a Xunta esqueceu infraestructuras vitais para esta comarca e dalgúns concellos da contorna nin os nomea. Cualifican estes orzamentos como de represión evidente xa que se pasa da inversión de 233,4 euros por habitante nos último presuposto do bipartito ós 76,7 euros por persoa na vindeira anualidade.

    Máis polo miúdo, explicitan que as únicas partidas que se reflicten nos orzamentos do executivo autonómico para o vindeiro ano son a mellora do camiño Louro-Sixto, en Valga, o saneamento do río Louro-Valga; os camiños da concentración parcelaria de Troáns en Cuntis, o Plan de infraestructuras xudiciais no concello Caldas de Reis, o saneamento e abastecemento de Paradela a Caldas de Reis e o acondiciomanento de Caldas-Moraña.

    Desde a executiva comarcal socialista e da propia de Caldas arremeten con saña contra o parlamentario popular Jesús Goldar, ó que critican a súa nula defensa da súa zona de orixe. Amais a comarca Ulla-Umia verase igualmente prexudicada polos recortes en partidas xerais como a Educación, a sanidade, a protección e promoción social, xunto ca cultura e deporte e ás transferencias ás entidades locais; o que prexudicará notablemente á prestación de servicios por partes dos Concellos galegos.

    Todo isto leva ós socialistas a asegurar que o Presidente da Xunta de Galicia minte descaradamente cando di que vai a blindar os servicios sociais para evitar deixar sen protección ós máis necesitados.

    Redacción Salnés