Fundación Valle Inclán e Amigos de Valle coeditan ‘Cuadrante’

cuadrante100.jpgVILANOVA> A revista Cuadrante camiña xa baixo o amparo conxunto da asociación Amigos de Valle Inclán e a Fundación Valle Inclán, ambas con sede en Vilanova de Arousa.

{flowplayer}images/salnes/revista_cuadrante.flv{/flowplayer}

VILANOVA> A revista Cuadrante camiña xa baixo o amparo conxunto da asociación Amigos de Valle Inclán e a Fundación Valle Inclán, ambas con sede en Vilanova de Arousa.

O último número, o 22, foi presentado este sábado a bordo dun catamarán na ría de Arousa, localización inspirada en palabras do ilustre escritor, quen aseguraba que nacera nunha motora en medio da ría.

A revista leva doce anos publicándose semestralmente, e neste último número recolle artigos de diversos investigadores da obra e vida de Valle. Entre eles figura un texto de Xaquín Valle Inclán, neto do ilustre escritor, que fala do último ano de vida de Ramón María en Santiago.

A presentación da revista serviu para clausurar a Semana da Cultura de Vilanova, dedicada a Valle Inclán.

Redacción Salnés