Abre a campaña da centola e os restaurantes agardan xa súa chegada

    fotorestaurantecopia.jpgGROVE> A centola volve as cartas dos restaurantes que confían en que haxa cantidade e os prezos sexan asequibles.

    {flowplayer}images/salnes/CentolaRestaurantesGrove.flv{/flowplayer}

    Esta mañá abriuse a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra. Deste xeito, a Consellería do Mar respondeu á demanda feita polo sector que pedía un adianto na apertura da veda. Na provincia de Lugo, pola súa banda, segundo o acordo entre a administración e os mariñeiros, a apertura da campaña terá que agardar ata o día catro de decembro e pecharase tamén o día trinta. Os topes de captura fixados pola administración son de 35 quilos por embarcación máis outros 35 por cada tripulante enrolado a bordo. En canto ó horario será o establecido para a arte coa que se pretenda extraer este crustáceo. Ó ser hoxe día festivo, as lonxas permaneceron pechadas polo que haberá que agardar a mañá para ver cómo foron os prezos no primeiro día da campaña. Prezos que dependerán, sobre todo, da cantidade de produto extraído.

    A centola volve ás cartas dos restaurantes

    Haberá que agardar ata mañá para asistir a esas primeiras lonxas de centola e poder atopala tanto nas prazas coma nos restaurantes. No Grove, un dos portos con máis tradición nesta especie, os hostaleiros comezan xa a prepararse para a volta da centola as súas cartas. Ademais comezan xa a mirar cara a Festa de Exaltación da Centola. A moitos hostaleiros a noticia de que se abría hoxe a campaña case case os colleu por sorpresa, posto que se adiantou a data prevista nun principio. Aínda así, para moitos a apertura da veda da centola e polo tanto a volta deste marisco as súas cartas supón un importante reclamo para os seus clientes. Sobre todo nestes primeiros días de apertura da campaña, que é cando máis cantidade se extrae e polo tanto cando máis barata se atopa. O maior medo do sector neste momento é a escaseza de produto no mar, sobre todo tendo en conta o bo tempo das últimas semanas, que segundo eles, puido facilitar o furtivismo por medio da pesca submarina. Con todo agardan que haxa recurso e que se poida abastecer o mercado debidamente de cara a Festa de Exaltación da Centola. Receitas diferentes coas que pretenden amosarlle ós seus clientes distintas maneiras de innovar con este marisco e fomentar así o seu consumo.

     Redacción Salnés