Falecen 25 cabalos nun incendio nun alpendre en Leiro

    incendio_clinicacopy.jpgRIBADUMIA> O alboio é propiedade da Clínica Veterinaria Carmelo. Segundo a primeira hipótese un corto circuíto puido selo causante do incendio.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_CLINICA_CABALOS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Foi o 112 o que deu a voz de alarma ó redor das dez menos cuarta da mañá tanto ós Bombeiros coma á Garda Civil e a Protección Civil. Coma consecuencia do incendio, os 25 cabalos que se atopaban no seu interior perderon a vida intoxicados polo fume.

    E é que os catro efectivos de Bombeiros que se desprazaron ata o lugar tardaron dúas horas en extinguilo lume por completo debido a que as lapas se estenderan con rapidez grazas ós feixes de palla que estaban acumulados no alpendre, e ó teito fabricado con poliuretano.

    Segundo sospeitan desde os Bombeiros, un curto circuíto puido selo causante do incendio. Mentres, os veciños non saían do seu asombro.

    Ademais da perda dos 25 cabalos, algúns propiedade de clientes da clínica, as perdas económicas foron cuantiosas.

    Redacción Salnés