O matadoiro comarcal entrará en servizo a finais de ano

    matadoirocomarcal100.jpgRIBEIRA> A Deputación da Coruña aprobou a concesión dunha axuda de 600 mil euros ó concello de Ribeira para o matadoiro comarcal.

    {flowplayer}barbanza/matadoirocomarcal.flv{/flowplayer}

    A concesión desta subvención é froito do convenio asinado hai xa varios anos entre a institución provincial e o concello ribeirés.

    Segundo sinalou o alcalde, a intención do concello pasa fundamentalmente porque o servizo, que será de carácter comarcal, poida iniciarse antes de finais de ano, sendo xa varias as empresas interesadas en facerse coa súa xestión.

    Servizos mancomunados

    Continúase así cun proceso de mancomunar servizos entre os concellos da Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira que xa se iniciara co acordo do gas natural e que continuará nos próximos anos coa recollida do lixo, os sumidoiros e o subministro de auga.

    Redacción Barbanza