Iníciase o expediente do baixo da rúa Rodríguez Bautista

    expedientevertidosedificioribeira.jpgRIBEIRA> O executivo local tomaba esta decisión unha vez rematada a moratoria concedida para a erradicación dos vertidos de augas residuais á vía pública.

    {flowplayer}barbanza/expedientevertidosedificioribeira.flv{/flowplayer}

    O tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño, informou esta mañá do inicio do expediente administrativo contra os propietarios do baixo, unha vez rematada a moratoria dada, e sen que estes deran unha alternativa válida para erradicar dunha vez por todas os vertidos de augas residuais á vía pública que mesmo está a causar un grave problema de salubridade a toda a veciñanza.

    Proceso longo

    Segundo informaron fontes municipais o proceso antes da intervención municipal podería prolongarse entre os dous e os tres meses, todo depende da tramitación do expediente e que se cumpran tódolos requisitos legais necesarios, sempre e cando os propietarios non cheguen antes a un entendemento.

    Sanción

    O executivo ribeirés, unha vez rematada toda a actuación, ten previsto reclamarlle ós causantes tódolos gastos derivados do proceso.

    Redacción Barbanza