O Sanxenxo apela á raza para impoñerse ó Depor B

SALNÉS> O Vilalonga visita o campo do Morrazo para medirse ó Alondras mentres que o Sanxenxo recibirá por primeira vez na súa historia ó Depor B, o domingo en en Baltar de Arriba.

{flowplayer}images/salnes/terceira_041111.flv{/flowplayer} 

Campo difícil o que visita o Vilalonga esta semana, o Morrazo dun Alondras que é cuarto na xeral, coma sempre practicando un futbol comibinativo e atractivo. Os de Cangas reforzáronse este ano con, entre outros, o ex-celeste Nano e recuperaron a mellor versión dun Santi Domínguez que xa leva sete tantos.

Sen embargo os de Gabi Leis chegan á cita lanzados logo de dar boa imaxe en Ourense e endosarlle un 4-0 ó Negreira. Das doce veces que se enfrontaron ambos conxuntos no Morrazo, a metade delas acabaron en empate.

Se complicado vaino ter o Vilalonga, semella que máis difícil é a empresa que se lle presenta ó Sanxenxo. O Depor B visita por primeira vez na súa historia o campo dos amarelos. Un Fabril que chega con gañas de reengacharse á cabeza logo de deixarse cinco puntos polo camiño dos últimos seis e caer á séptima posición da xeral. Os locais, pola súa parte, precisan dunha victoria que aínda que non lle sacaría dos postos de descenso, non lle deixaría descolgado con respecto á salvación.

O Sanxenxo precisa do primeiro triunfo na casa da temporada mentres que os coruñeses saben que teñen que comezar a sumar máis puntos como visitantes, xa que fora baixan considerablemnete o seu rendemento.

Redacción Salnés