Emgrobes conmemora o seu 25 aniversario ca VII Cea-Baile

    O GROVE> Emgrobes, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios celebrou o pasado venres pola noite na Toxa a Sétima edición da…

    {flowplayer}images/salnes/grove_ouro_2011.flv{/flowplayer}

    … súa cea gala anual. Como manda a tradición, esta velada é a escollida pola patronal grovense para entregar os seus galardóns de recoñecemento: os Groves de Ouros.

    Esta edición foi aínda máis especial se cabe posto que Emgrobes cumpría 25 anos de existencia. Unha edición na que galardoaron co Grove de Ouro á Amegrove que leva tres décadas sendo un baluarte do sector mexilloeiro galego, labor que recoñeceron as distintas autoridades presentes.

    E como Grove de Prata 2011 por partida dobre, recoñeceuse a labor de Santiago Manuel Alfonso Domínguez, e a Servando Garrido Castro, polas súas longas traxectorias profesionais, así como por unha vida adicada o sector hostalería rexentando os establecementos Restaurante Beiramar e Hotel Bosque-Mar. Neste acto conmemorativo das bodas de prata, o Presidente da Deputación pontevedresa salientou que este era o momento para que Emgrobes contase cunha sede digna, que pronto sería posible grazas a unha achega do ente provincial de 150.000 euros.

    Redacción Salnés