Marcos González pide unha rectificación do alcalde de Vilanova

    consorciocopy.jpgCAMBADOS> O fai despois de que o rexedor local cuestionase a autenticidade dalgunhas alegacións presentadas contra o centro comercial.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_CONSORCIO.flv{/flowplayer}

    Este sábado, o presidente do Consorcio do Comercio do Salnés saíu ó paso das declaracións vertidas polo alcalde de Vilanova nas que poñía en cuestión a autenticidade das alegacións presentadas por particulares contra o centro comercial de Deiro.

    Trátase de afirmacións falsas e infundadas. Deste xeito cualificou o presidente do Consorcio do Comercio do Salnés as declaracións do alcalde de Vilanova en relación ás alegacións contra á area comercial de Deiro; das cales dubidou da súa autenticidade. Ante isto, Marcos González negou dita afirmación e pediu unha rectificación pública.

    En relación á similitude das alegacións, González recoñeceu que se trata de escritos iguais. Pero matizou que o fixeron así porque non dispuxeron de máis tempo.

    E sentenciou que se o partido lle permite este tipo de actitudes e non lle para os pés, haberá que buscala forma para facelo.

    Redacción Salnés