Segundo accidente mortal en menos dunha semana

    accidentevalga copia.jpg VALGA> Nesta ocasión faleceu unha moza de 18 anos ó saírse da vía o vehículo no que viaxaba con outras dúas rapazas. Foi na N-550, no lugar das Cernadas.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VALGA141101.flv{/flowplayer}

    No quilómetro 92 da N-550, en Cernadas, Valga, faleceu esta fin de semana Giovanna Frieiro, de 18 anos e natural de Carracedo, en Caldas. O coche no que viaxaba con outras dúas amigas saíuse da estrada nunha curva e acabou contra unha farola. A conductora era unha rapaza de Portas que acababa de sacar o carné, de copiloto ía outra moza de Barro e no asento traseiro a falecida.

    Os primeiros en acudir ás accidentadas foron os inquilinos da vivenda  contra a que case bate o coche. Mari Carmen Bello e a súa familia non se acaban de acostumar a escenas como as vividas esta fin de semana. Ás portas da súa casa, e nalgunha ocasión, mesmo contra os seus muros, están a ver accidentes de forma habitual.

    Mari Carmen asegura que vivir así é un inferno, por eso pide a quen corresponda que tome medidas para mellorar a seguridade desta estrada.

    Co deste fin de semana xa son dous os accidentes con víctimas mortais rexistrados nos últimos días na N-550 en Valga. O mércores foi atropelada unha anciá en Xanza.

    Redacción Salnés