Abuín: ‘A Xunta non pode ampararse en que a sentenza sexa firme’

    fotorosacopia.jpgSALNÉS> Esta mañá o sindicato fixo unha valoración da sentenza ditada polo xulgado do mercantil sobre o recurso interposto pola familia Lago.

    {flowplayer}images/salnes/CigResolucionAlfageme.flv{/flowplayer}

     “Roza o absurdo procesal e non merece maior comentario” con frases tan contundentes coma esta se refire a sentenza do xulgado do mercantil número 3 de Vigo ó recurso interposto pola familia Lago.

    Para a Cig trátase dunha sentenza resolutoria que pon de manifesto que a única intención dos Lago é continuar retrasando a conclusión do proceso e polo tanto a compra do grupo por parte de El Consorcio.

    A sentenza tamén pon de manifesto que Alfageme antes do proceso concursal lle pagou 12 millóns de euros a Promalar, unha empresa socia da propia Alfageme, e tamén propiedade da familia Lago. Agora terá que devolver eses 12 millóns á masa concursal.

    Aínda así a sentenza deixa aberto outro prazo un 20 días para poder interpoñer outro recurso neste caso de apelación. A Xunta xa anunciara que non executaría ós avais ata que sentenza non fora firme pero para a Cig tal e como están as cousas non pode agardar máis.

     Rosa Abuín tamén quixo facer un chamamento á Xunta para que se poña en contacto con eles, convoque unha reunión e lles explique o que teñen pensado facer.

    Redacción Salnés