Jesu e Fran Matos lideran o triunfo do Vilalonga

SANXENXO> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés esta xornada: o Sanxenxo caeu en Cerceda mentres que o Vilalonga impúxose en San Pedro o As Pontes.

{flowplayer}images/salnes/terceira_211111.flv{/flowplayer} 

Cada vez respira máis tranquilo o Vilalonga que xa é décimo na táboa e conta con nove puntos de marxe sobre o decenso. E iso grazas á victoria de onte ante As Pontes, nun partido que non foi nin moito menos tan brillante como ante o Cerceda pero no que os de Gabi Leis estiveron máis afortunados.

O encontro podería ter cambiado moito se ós 23 minutos Hugo Soto tivera acertado no lanzamento dun penatli, que acabou parando Roberto Pazos. Se ben a primeira parte foi trabada, na segunda cheou o xogo e as ocasións, e así os goles. O primeiro obra de Jesu, tras excelente xogada persoal de Fran Matos, que disparou por dúas veces ó pau. Cinco minutos despois As Pontes empataba o encontro por mediación de Chicho que aproveitouse doutro rexeite do poste a remate de Sergio Arias. Cos dous equipos en busca da victoria o que a atopou foi o Vilalonga, grazas a Fran Matos, noutro lanzamento que antes de entrar petaría nos dous paus.

A seis da permanencia está xa o Sanxenxo que onte pase a facer un bo partido ante o poderoso Cerceda, acabou cedendo por un erro defensivo. Os locais levaron o peso do encontro e dispuxeron das mellores ocasións de gol, pero Velay, moi acertado durante toda a tarde, desbaratou os numerosos intentos dos de Nando. O tanto da victoria viría no minuto 58, ó aproveitarse Joselu dun erro da zaga local para batir a Velay cun disparo cruzado dende a frontal do área.

Apretou nos últimos minutos o Sanxenxo que puido empatar, pero nin Diego Blanco, nunha contra, nin José Ángel, á saída dun corner, acertaron a marcar.

Os de Calucho terán que seguir traballando para atopar a segunda victoria do ano. A semana que ven reciben ó Somozas mentres que o Vilalonga desprazarase ata o campo de Vista Alegre para xogar fronte ó Ordes.

Redacción Salnés