Os resultados recíbense na rúa sen sorpresa pero con certo escepticismo

    fotoenquisacopia.jpgSALNÉS> A ampla maioría absoluta acadada polo PP non sorprende á cidadanía, que xa agardaba un cambio de goberno.

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaParticipacionMaioria.flv{/flowplayer}

    Aínda que a maioría das valoracións ven nos índices de participación datos positivos, con respecto ás eleccións do 2008 as cifras son sensiblemente inferiores. Do case 74 por cento que acudiu ás urnas nos comicios anteriores esta vez a porcentaxe quedou rozando o 72. Segundo a maioría dos cidadáns a falta de convicción coas opcións políticas é a causa principal da abstención.

    Con respecto ós resultados o sentir xeral é que o cambio era preciso, e a gran maioría xa prevía que as cifras foran nesta liña.

    Unha vitoria, a do partido popular que é interpretada tamén por moitos cidadáns coma un castigo á xestión que o PSOE fixo da crise.

    E outro dato que tampouco pasa desapercibido na rúa é ó ascenso dos partidos minoritarios. Para a xente a entrada de novas opcións políticas tamén é positivo.

    Con todo o sentir xeral é de certo escepticismo co que pasará de agora en diante.

    Redacción Salnés