A seis absolutas de facer pleno

    LOUZANVALORACION+ copia.jpg PONTEVEDRA> O PP provincial fai balance da vitoria electoral nos 62 concellos da provincia. En todos foi a forza más votada, e en 56 acadou a maioría absoluta.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_VALORA_RESULTADO_ELECTORAL221111.flv{/flowplayer}

    O presidente dos populares pontevedreses empregou o cualificativo de histórica para definir a vitoria deste domingo nas urnas. Unha vitoria que leu en clave municipal e autonómica. Dos 62 concellos da provincia, os populares sumaron a maioría de votos en todos eles. É máis, en 56 deses municipios esas maiorías foron absolutas. Para Rafael Louzán quedou patente que o presidente electo do goberno, Mariano Rajoy, foi profeta na súa terra e o masivo respaldo popular mostra tamén o respaldo da cidadanía á políticas que este partido está a apllicar xa na Xunta e nos concellos que goberna.

    Cos resultados xa dixeridos, Louzán salientou sobre todo os datos obtidos nas grandes cidades da provincia, como Vigo, onde acadaron un tres e medio por cento máis de votos que nas pasadas eleccións, ó igual que a propia capital pontevedresa, cun catro por cento máis ou Vilagarcía, onde o incremento de votos foi de case un 10 por cento. Segundo Louzán, con este apoio masivo, o electorado enviou dúas mensaxes. 

     No tocante a unha posible reforma da Lei electoral que están a pedir desde diferentes formacións, Louzán concluiu que é unha cuestión que desde o PP levan tempo solicitando, e rematou pedindo que se axilicen os trámites burocráticos para dar máis facilidades a emprendedores e pequenos empresarios.

    Redacción Salnés