Servizos sociais do concello din que fixeron o que estivo nas súas mans

    servizos_Sociaiscopy.jpgVILAGARCÍA> Esta foi a resposta que obtivemos deste departamento, a través do gabinete de prensa, en relación ó caso de Julio González.

    {flowplayer}images/salnes/SERVIZOS_SOCIAIS_JULIO.flv{/flowplayer}

    Aínda que os traballadores da área de servizos sociais do concello de Vilagarcía non quixeron facer declaracións ó respecto, a través do departamento de prensa tivemos a oportunidade de coñecela súa versión sobre o caso de Julio González, cuxa familia denunciou fai días a situación na que ó parecer estaba vivindo.

    Mentres para os familiares a labor feita polos funcionarios de Ravella non foi suficiente, desde o concello nos informaron que fixeron todo o que estivo nas súas mans mentres o puideron facer.

    Ó parecer, nun principio o traballador social facía visitas periódicas á esta casa, situada en Trabanca Badiña, para redactalos correspondentes informes sobre a situación de Julio. Ata que chegou un punto, explicaron, que a súa esposa non lles abriu a porta. E aconteceu, sinalaron, en varias ocasións, polo que deron parte ó xulgado. Malia todo, o xuíz ditaminou que a muller estaba capacitada para facerse cargo del e o caso quedou arquivado.

    Esta mañá tamén nos puxemos en contacto co Hospital do Salnés onde Julio González ingresou en varias ocasións, tal e coma nos indicou a familia e a cuxos servizos sociais tamén pediron axuda. Alí non nos permitiron acceder á información relativa ó caso xa que nin o persoal sanitario nin os servizos sociais están autorizados para facilitar datos sobre un paciente. Trátase de información confidencial, matizaron, e no caso de que a proporcionasen estaríamos falando dunha falta disciplinaria.

    Con todo, despois de trasladarse á nova vivenda, desde o concello dixéronnos que fai uns días a esposa de Julio solicitou unha axuda de emerxencia social que agora se atopa en trámites. Para iso, servizos sociais do concello terán que visitalo domicilio para coñecelas condicións nas que viven nestes momentos.

    Redacción Salnés