VILAGARCÍA> Mala xornada para os conxuntos do Salnés. O Poio non pasou do empate ante o Leganés na casa mentres que no duelo entre Grupo Junquera e Noia a victoria foi para os barbanzáns.
{flowplayer}images/salnes/futbolsala_221111.flv{/flowplayer}
Partido sen moita historia o que se vivíu en Fontecarmoa, no agardado duelo entre Grupo Junquera e Noia. Pouco tardaron os visitantes en demostrar que o seu obxectivo este ano volve ser meterse na fase de ascenso. Cun futbol sala intenso, práctico e efectivo desarbolaron a un Junquera que pouco ou nada puido facer ante o aluvión de xogo do Noia. Iso sí, Juancar poría en vantaxe ós seus nos primeiros minutos, pero o partido quedaría resolto antes do descanso con cinco goles do Noia.
A segunda parte literalmente sobrou. Víctor Méndez acadou o tanto dun Junquera que acabou cedendo por 2-7. Despois deste triunfo o Noia xa é cuarto na táboa e segue en dinámica ascendente, mentres que o Junquera é undécimo con 14 puntos, fora dos postos de descenso.
Partido bonito e moi disputado na Seca entre Poio e Leganés (1-1). Ambos conxuntos respetáronse moito e aínda que dispuxeron de ocasións de gol durante o partido, as defensas sempre estiveron ben armadas e as porteiras acertadas. O marcador non se movería ata o minuto 32 de partido. Peke poría ás locais en vantaxe logo de asociarse nunha boa acción con Catia. Sen embargo a ledicia das de Manu Cossío duraría tres minutos, o tempo que tardou o Leganés en empatar o choque por mediación de Aída. Nos derradeiros cinco minutos o Poio dispuxo de dous dobres penaltis para levarse o encontro, pero nin Peke nin Catia estarían acertadas. Ó final reparto de puntos que deixa ó cadro vermello oitavo na xeral.
Redacción Salnés