Rías Baixas planea incorporar códigos QR nas exportacións a EEUU

    codigosqrcopy.jpgPONTEVEDRA> O Pazo de Mugartegui acolleu a presentación desta iniciativa que pretende ser unha medida de fomento das exportacións a EEUU.

    {flowplayer}images/salnes/CODIGOS_QR_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Pazo de Mugartegui acolleu a presentación dos códigos QR para a súa implantación en botellas de viño. Esta iniciativa, cofinanciada polo IGAPE, está dirixida a aquelas adegas que xa están exportando ó mercado estadounidense. Grazas a estes códigos, os clientes finais poderán acceder á información relacionada co viño de desexen a través dunha aplicación móbil.

    Este proxecto enmárcase dentro do convenio de colaboración, asinado fai oito anos, entre o IGAPE o ICEX e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para a promoción dos caldos desta DO no mercado americano. Deste xeito, a implantación do etiquetado QR nas botellas pretende ser unha medida máis de fomento das exportacións a EEUU achegando ó usuario final o mundo do viño.

    É, en definitiva, dunha iniciativa que trata de aportar valor engadido ós viños Rías Baixas. Ademais, segundo Alfredo Castro, é unha maneira de apoiar ós mozos emprendedores xa que o programa piloto foi impulsado pola Fundación Funda-Innovación.

    Aínda non hai unha data fixada para a implantación deste etiquetado, desde o IGAPE sinalaron que no prazo de doce semanas podería estar operativo. Despois, será o Consello Regulador o que estudará a posibilidade de que outras adegas interesadas se poidan adherir a este convenio.

    Redacción Salnés