Escolares rianxeiros inician a segunda parte do proxecto ‘Rianxo divulga’

    rianxodivulganenos.jpgRIANXO> A actividade, promovida pola Confraría de Pescadores e polo GAC Nº 5, pretende poñer en valor a riqueza do mar e da cultura mariñeira.

    {flowplayer}barbanza/rianxodivulganenos.flv{/flowplayer}

    Despois dunha primeira etapa desenvolvida con asociacións e colectivos con necesidades especiais, esta mañá iniciábase unha nova singradura do proxecto de divulgación do sector pesqueiro ‘Rianxo Divulga’ dirixida esta vez a escolares. A través desta iniciativa promovida pola confraría de pescadores da localidade e que está financiada polo Grupo de Acción Costeira Nº5, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo da Pesca, preténdese dar a coñecer os labores diarios da xente do mar e os recursos que o medio mariño ofrece.

    Os pequenos disfrutaron dunha xornada fóra do cotiá, tendo oportunidade de coñecer e mesmo tocar diferentes tipos de mariscos.

    Dende a propia confraría valoraron moi positivamente este tipo de xornadas divulgativas dirixidas a escolares, xa que lles permiten coñecer a estrutura e o funcionamento do sector pesqueiro da localidade.

    Colexios interesados

    Aqueles colexios ou asociacións interesadas aínda en participar neste proxecto xa poden realizar a correspondente inscrición, a través da propia páxina web do proxecto: www.rianxodivulga.org.

    Redacción Barbanza