RIBEIRA> O acto consistiu no descubrimento dunha escultura conmemorativa coa que o concello quixo honrar o medio século de vida desta conserveira.
{flowplayer}barbanza/homenaxefrinsa.flv{/flowplayer}
Autoridades, traballadores de Frinsa e veciños en xeral, ateigaron este mediodía a praza de España para asistir á homenaxe organizada polo concello para conmemorar o cincuentenario da conserveira. O acto consistiu no descubrimento dunha escultura realizada polo artista Miguel Couto de máis de 3 metros de altura e fabricada en bronce no mesmo lugar que veu nacer a esta conserveira hai 50 anos. Foron precisamente o alcalde, Manuel Ruíz, e o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal, os encargados de descubrir a escultura entre os aplausos dos asistentes.
Pasado, presente e futuro
Con anterioridade no turno de intervencións, o rexedor ribeirés destacou que o pasado, o presente e o futuro de Ribeira non se entendería sen Frinsa.
Non á deslocalización
Pola súa banda, o empresario Ramiro Carregal, despois de aludir ás orixes e a traxectoria de Frinsa, afirmou que a familia Carregal Varela non deslocalizará a súas factorías no estranxeiro como teñen feito outras industrias do ramo, senón que apostará pola innovación tecnolóxica.
Himno galego
A Coral Polifónica de Ribeira foi a encargada de pechar o acto coa interpretación de diversos temas, rematando co himno galego.
Redacción Barbanza