‘Cos medios actuais e máis persoal melloraría a atención hospitalaria’

    XUNTAPERSOALSALNES copia.jpg VILAGARCÍA> O persoal do hospital do Salnés non desbota a ampliación do centro pero din que se prestarían máis servizos con máis facultativos.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_PERSOAL_HOSPITAL301111.flv{/flowplayer}

    A Xunta de persoal do hospital do Salnés volve alzar a súa voz para denunciar os recortes en materia de persoal que sofre o centro. En pleno debate sobre a ampliación das instalacións, os facultativos aseguran que hoxe por hoxe é posible mellorar a calidade asistencial ós pacientes e incluso prestar máis servizos cos medios e as infraestruturas coas que contan. Só habería que aumentar a plantilla. O centro de Ande podería contar así unha unidade de coidados críticos. Hai o espazo e os equipos necesarios. Faría falta contratar unha quenda de enfermeiros, auxiliares e celadores, co que se evitaría desviar ó ano a uns 400 pacientes cara o CHOP. Tamén se podería crear unah consulta de cardioloxía contando cun especialista polas mañás ou realizar máis intervencións cirúrxicas se os tres quirófanos dos que dispoñen funcionasen polas tardes. Unha forma de rematar coa derivación de pacientes a centros concertados.

    Tampouco entenden como se pode estar a falar da ampliación cando un terzo da terceira planta segue aínda pechada a pesar de ser a mellor dotada. É máis, desde o 23 de decembro ata o 9 de xaneiro cesará totalmente a actividade neste andar, algo que xa se viña facendo no verán. Axustes que están a afectar mesmo ós servizos mínimos.

    Desde a xunta de persoal tampouco queren deixar de denunciar que a integración da área sanitaria do Salnés na de Pontevedra si está a supoñer perda de autonomía.

    Os facultativos conclúen que todos estes recortes se están a traducir nun aumento das listas de espera e non só no propio hospital. Os centros de atención primaria da comarca están a padecer tamén esta merma de persoal. Denuncian que en moitos non se están a substituír as prazas que quedan vacantes, e nos que o fan, aplican diferentes criterios de contratación en función do concello.

    Redacción Salnés