O Concello aparca por falta de fondos o novo mercado de Sanxenxo

    praza_Sanxenxo100.jpgSANXENXO> A nova praza de abastos de Sanxenxo vai ter que esperar, unha vez máis. Nunha reunión mantida esta semana co edil de Facenda …

    {flowplayer}images/salnes/praza_sanxenxo_011211.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A nova praza de abastos de Sanxenxo vai ter que esperar, unha vez máis.

    Nunha reunión mantida esta semana co edil de Facenda, Economía e Emprego, comunicóuselles que os plans para o novo mercado se aprazaban por falta de fondos. Para a presidenta dos praceiros de Sanxenxo é unha escusa das moitas que levan escoitado nos últimos anos.

    O goberno municipal apurouse hoxe a aclarar que non renuncian a este proxecto. A alcaldesa comprometeuse a poñer o proxecto en marcha nesta lexislatura e solicitará á Dirección Xeral de Comercio da Xunta unha axuda para dar os primeiros pasos.

    Na praza piden que, polo menos, acondicionen as instalacións actuais que cualifican de obsoletas. Outra preocupación son os postos que só abren na tempada estival e pechan o resto do ano. Desde o verán está en vigor a nova ordenanza de mercados e a final de ano comunicaranse as sancións. Os praceiros piden que eses postos baleiros se saquen a concurso para revitalizar o mercado.

    Redacción Salnés